Este mércores 26 abrirase o prazo para a instalación das mesas ata o próximo 11 de agosto
Xa hai data para a Festa Corsaria de Marín. Será o 19 de agosto e chega con novidades. A principal será o cambio de localización do espectáculo nocturno, que se celebrará na Avenida de Ourense, aos pés do edificio do Concello, para facilitar a súa visualización e non obstaculizar o tráfico. Así o anunciaron a concelleira de Medio Ambiente, Marián Sanmartín, e a alcaldesa de Marín, María Ramallo, na presentación desta edición.
O vindeiro mércores 26 de xullo abrirase o prazo para a instalación das mesas e así permanecerá ata o próximo 11 de agosto. No caso dos locais, non se establecerá unha data de inscrición senón que aqueles establecementos que desexen participar só deberán cumprir uns requisitos relacionados coa decoración e a ambientación das súas instalacións.
“Tal e como fixemos noutros anos, respetaranse os espazos que ocupou xente tradicionalmente coas súas mesas, pero temos espazo de sobra e poden solicitarse as que se queiran”, explicou a concelleira, que engadiu que o obxectivo da festa ano a no é “seguir crecendo, consolidarse e aportar cada ano algo novo e distinto para que as persoas que repiten desfruten sempre dalgo máis”, explicou Sanmartín.
En datas máis próximas á Festa desvelaranse máis detalles e desagregarase a programación. Si avanzou a concelleira que xa desde o día anterior haberá ambiente corsario coa apertura do mercadiño.