Colectivos e comparsas do Entroido de Moaña na presentación hoxe ás portas do Concello.

O entroido regresa a Moaña tras a paréntese da pandemia. Faino cargado de actividades que darán comezo o vindeiro sábado 26 de febreiro ás 17:00 horas coa actuación musical de Wach McKanijan e das comparsas na carpa do Entroido do paseo marítimo. Mais tarde, ás 19.30 horas, Festival das Comparsas en Verducedo no adro da capela dos Milagres. En caso de mal tempo celebrarase na Casa da Cultura. E para rematar a xornada, ás 23:00 horas festa na carpa do Entroido.

No domingo 27, as 12:00 horas, tócalle a quenda á parroquia de Domaio co Festival das Comparsas en Domaio no adro de San Benito ou no C.S. Rosalía de Castro en caso de choiva. Pola tarde, ás 17.00 horas, actuación das comparsas ao longo da tarde no paseo marítimo. Tamén, á mesma hora Carnaval Tradicional de Meira con saída do desfile de Madamas e Galáns dende O Pazo Redondo (O Pombal) ata o paseo de San Bartolomeu, onde se realizarán as danzas tradicionais e concurso de disfraces.

Xa o luns 28 de febreiro, entre as 17:00 e as 19:30 horas, obradoiros, música e animación infantil na carpa do Entroido e alto da Praza de Abastos. As 17.00 horas, actuación das comparsas ao longo da tarde no Rosal e As Barxas, as 20.00 horas Festival das Comparsas na praza do Concello.

E para comezar o mes, o un de marzo desde as 17.00 h e ata as 20.00 horas, concurso infantil de disfraces na carpa do Entroido organizado polo Obradoiro MOAÑA MOZA II do Patronato Beiramar. Xa pola tarde-noite, ás 20:00 horas, Festival das Comparsas en Quintela no C.S. Daniel Castelao.

O dous de marzo, de 17.00 a 20.00 horas obradoiros, música e animación infantil na carpa do Entroido e alto da praza de abastos e o xoves 4, as 17:30 horas, festa do Entroido da Escola de Música na carballeira de San Martiño coa actuación do alumnado da escola e das comparsas. E as 19.00 horas, actuación das comparsas no Con e no Real.

E na última fin de semana, o Entroido trasladarase á parroquia de Tirán. O venres 4 as 20:00 horas, Festival na pista deportiva ou no C.S. Castroviejo en caso de mal tempo. As 22:30 horas, Festival na carpa do Porto de Domaio e o sábado 5, ás 17:00 horas, enterro da Xoubiña. A saída será dende O Con ata o aparcadoiro do paseo marítimo para a posterior queima. E coma guinda, as 19:00 horas, Festival das Comparsas no Latón, no adro da Peregrina. As 23:00 horas, festa e concurso das comparsas na carpa do Entroido.

O domingo 6 de marzo as 17:00 horas, Enterro da Sardiña. Saída dende O Portal do Almacén, pasando por Ramón Cabanillas, Concepción Arenal ata o aparcadoiro do paseo marítimo. Desfile e queima da sardiña.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *