Exposición na biblioteca polo Día de Rosalía.

O monoliño lucirá unha composición de camelias que decorarán a entrada da Alameda e dous poetas declamarán versos da autora nun vídeo que se subirá ás redes sociais do Concello

O Día de Rosalía na vila marinense terá cor de camelias e son de poesía, aínda que sexa de xeito telemático. Así o anunciou esta mañá a concelleira de Cultura, Beatriz Rodríguez, que explicou que, “a pesar das circunstancias, queremos conmemorar igualmente este día, no que poñemos en primeiro plano a unha das escritoras máis relevantes das nosas letras”.

O monoliño que se atopa colocado na entrada da Alameda Rosalía de Castro será
decorado polas representantes da asociación da camelia, que tradicionalmente
organizaban a súa mostra no Museo Torres e que este ano volcarán toda a súa capacidade artística e decorativa na conmemoración do 24 de febreiro.

Por outra banda, os versos da autora converteranse en voz grazas a dous poetas da vila, que serán protagonistas dun pequeno vídeo que se subirá ás redes sociais do Concello o mesmo día.

A Biblioteca Pública Vidal Pazos acolle tamén unha exposición con todas as monografías das que se dispoñen nos fondos sobre a súa obra, vida…

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *