Agustín Reguera co portavoz do PP de Vilaboa na súa visita á traída.

Reguera agradeceu o traballo desinteresado da xunta directiva da comunidade de augas

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou a Comunidade de Traída de Augas de Vilaboa para coñecer o traballo dos seus usuarios e as súas necesidades. Reguera tivo a oportunidade de comprender o funcionamento desta comunidade que xestiona os recursos hídricos de varias decenas de familias e que de forma desinteresada leva a cabo unha labor imprescindible para toda a veciñanza.

Xunto á xunta directiva, o delegado territorial visitou algunhas das últimas melloras levadas a cabo polos veciños que permitiron mellorar o servizo.

Reguera quixo agradecer á xunta directiva a súa “boa disposición e altruísmo” e destacou o bo traballo levado a cabo: “Cando as cousas funcionan é porque hai un grupo de persoas empeñado en facelas funcionar. E nesta comunidade de augas está claro que hai xente moi capaz e moi traballadora que se sacrifica polo ben da súa veciñanza”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *