O Museo Torres de Marín.

Aínda seguirá activo para aquelas persoas que, a través de autocita, queiran facerse unha proba de detección de antíxenos

As autoridades sanitarias informaron esta mañá ao Concello de que o cribado
instalado no Museo Manuel Torres desde o día 10 de xaneiro realizou 1331 tests,
grazas aos cales foron detectados 89 positivos. Os datos contabilizan de momento
até o día 16 de xaneiro.

A alcaldesa, María Ramallo, quixo recordar esta mañá a toda a poboación de Marín
e da contorna “que este cribado segue aberto e dispoñible. Así como se notou
unha elevada afluencia de persoas que viñan facerse unha proba nos primeiros
días, si que houbo un lixeiro descenso nos últimos días”.

Tamén houbo persoas que, a pesar de pedir a autocita, non acudiron ao cribado,
xa que a contabilización indica que se citou a 1648 persoas, fronte ao número de
test realizados.

De momento, pode seguirse solicitando unha cita a través da web
coronavirus.sergas.gal/cribado/. O servizo está dispoñible de luns a domingo, de
8.30 a 13.40 e de 15.30 a 20.40 horas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *