Tras a denuncia do BNG sobre a situación na que se atopa o paseo da Praia do Santo, o Concello de Marín informou esta mañá sobre este asunto. “Fumos conscientes de que ía empeorando e por iso decidimos tomar medidas nesta cuestión, con obxectivo de tratar de manter o paseo”, explican fontes municipais.
O problema que se detecta nesta infraestructura, din, é a súa ubicación e orientacións, que provoca que sufra máis en cada inverno. Tal e como explica o Concello “solicitouse unha reparación de emerxencia para soster o paseo e tratar de fizar a estrutura sen xerar maior prexuizo”.
Neste momento, esas obras estar xa orzamentadas e pendentes de iniciarse á maior brevidade posible, “probablemente cara finais de mes”. Cara o futuro, precísase a man de Costas, administración competente neste eido, para ser quen de realizar unha inversión máis acorde co entorno e que non se xeren máis complicacións nos invernos que veñan.