A alcaldesa de Marín, María Ramallo, acompañada dos concelleiros Manuel Santos, Cristina Acuña e Marián Sanmartín, reuniuse recentemente coa nova directiva da Asociación de Veciños da Barriada de Mogor.

O motivo principal da reunión foi a renovación deste órgano, polo que estiveron presentes os membros da directiva saínte e da entrante. Os representantes do Goberno local falaron daquelas cuestións que máis preocupan á asociación. Entre outras cousas, os veciños trasladaron ao Concello a necesidade de realizar determinadas melloras na barriada, entre as que destaca a petición de instalar máis lombos para preservar a seguridade viaria, especialmente durante os meses de verán, cando aumenta considerablemente o tráfico rodado nesta zona pola afluencia ás praias.

Tamén se solicitou a instalación na zona da muralla duns bancos con respaldo e da creación dunha pista de petanca, unha petición que fontes municipais aseguran que se está estudar, por se é viable a súa instalación neste lugar. Por outra banda, os veciños solicitáronlle ao Goberno local a posibilidade de ampliar parque infantil e a zona da Alameda, dado que eles mesmos organizan actividades durante o verán para as que precisan destes espazos.

O Goberno e a asociación falaron tamén sobre a necesidade de dinamizar o centro socia da barriada, pensando sobre todo nos nenos e na xente maios, buscando crear unha programación que sexa máis estable e continuada no tempo e apostando por novas iniciativas, como podería ser novas actividades durante o verán.

No que respecta ao composteiro comunitario da Deputación de Pontevedra proxectado para esta zona, será o último en instalarse. Decidiuse primeiro valorar o funcionamento das outras dous unidades que se instalarán na Cañota e no Sequelo, para despois habilitar o composteiro na barriada de Mogor, dependendo da experiencia cos outros dous.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *