Reunión da Alcaldesa coa AAVV Cantodarea.

As asociacións e entidades de Marín son parte esencial do tecido social da nosa vila, grandes dinamizadores e creadores de contido cultural, deportivo e de toda índole. O Goberno local, ademais de apoiar de xeito económico as actividades que realizan estas entidades, así como en moitos casos se lles ceden as instalacións dos localis municipais, tamén aporta visibilidade a toda a programación que realizan.

Co obxectivo de dar un paso máis, o Concello habilitará na páxina web municipal un directorio con todas as asociacións activas na vila, aportando os datos de contacto actualizados así como as posibles actividades que ofrezan á cidadanía.

A concelleira Itziar Álvarez expresou que o que se busca con esta iniciativa “é poder poñer a disposición de todos os marinenses esta información, así como actualizar o rexistro municipal, porque moitas entidades teñen datos que xa non coinciden coa súa situación actual”.

Para iso, a edil solicita a todas as asociacións que presenten por vía rexistro, a través da sede electrónica, documentación de actualización dos datos, así como a posibilidade que se dean de alta aquelas que aínda non estén ou que se dean de baixa as que cesaran a súa actividade.

Tal e como figura a ordenanza municipal que regula esta cuestión, esta é documentación que deben presentar as entidades:

  1. Estatutos e acreditación da data de constitución da asociación.
  2. Número de inscripción no Rexistro Xeral de Asociacións ou noutros rexistros
    públicos.
  3. Datos de identificación das persoas que ocupen os cargos directivos.
  4. Domicilio social e identificación social.
  5. Breve memoria dos servizos e actividades programados para o ano en curso.
  6. Certificación do número de socios.
  7. Territorio de actuación.
  8. Autoasignación a un sector de actividade.
    Neste momento, no rexistro municipal figuran 206 asociacións e a concelleira
    explica que o obxectivo é que presenten esta documentación actualizada ao
    longo do mes de outubro, “para poder adicar o mes de novembro a configurar ese
    directorio e xa poder ofrecer a información completamente actualizada á
    cidadanía”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *