Unha da rúas comerciales de Marín.

A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets no buzón que se colocará na Oficina de Turismo

O Concello de Marín volverá apostar polo apoio á economía local, con motivo da campaña do Día da Nai. Saben que estas datas son de gran consumo e por iso “queremos volver premiar á veciñanza que é fiel á economía local da nosa vila, facendo as súas compras e consumicións aquí, e animar a outros a que o fagan”, explica a concelleira de Comercio, Cristina Acuña.

Deste xeito, o Concello pon de novo en marcha a campaña de sorteo de 100 tarxetas regalo por valor de 50 euros, aproveitando este mes no que as compras para facer un regalo ás nais son superiores a outros momentos.

Para participar, será preciso realizar compras nos comercios de Marín ou consumir nos establecementos hosteleiros por valor superior a 30 euros, ben cun só ticket ou cunha agrupación de varios, entre o 1 e o 30 de abril. Estarán exentas as farmacias, gasolineiras e os supermercados.

Os tickets terán que depositarse no buzón que se habilitará na Oficina de Turismo da Praza de España cos seguintes datos no reverso: nome e apelidos da persoa participante, DNI e número de teléfono. Os tickets terán que ser orixinais, “polo que xa avisamos de que se alguén o precisa para devolucións ou garantías, terá que pedir un duplicado”, explican desde o Concello.

O 3 de maio ás 12.00 horas terá lugar o sorteo no Salón de Plenos para coñecer aos gañadores destas 100 tarxetas. As persoas agraciadas serán citadas telefónicamente para a recollida das Tarxetas Regalo na Oficina de Turismo situada na Praza de España durante os días 6 e 7 de maio, en horario de 11:30h a 20:30h, confirmando os datos coa presentación do DNI da persoa gañadora.

Terán que gastalas tamén na economía local de Marín ata como máximo o 30 de xuño de 2024.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *