Alfonso Sola, diante de unha das súas obras.

O polifacético artista, ourensán de nacemento pero marinense de corazón, fará un percorrido pola súa traxectoria nunha exposición imperdible que se inaugurará o 5 de abril ás 20.15 horas no Museo Torres

“Non só é marinense o que nace en Marín, senón tamén todos aqueles que viviron ou traballaron moito pola cultura do noso pobo”. Con estas palabras, a alcaldesa María Ramallo revelou o nome do Artista Marinense do Ano 2024: Alfonso Sola, que aterrizará no Museo Municipal Manuel Torres o 5 de abril ás 20.15 horas cunha exposición imprescindible.

Sola, ourensán de nacemento pero marinense de corazón, convértese, deste xeito, no noveno artista premiado con este galardón, que procura visibilizar o traballo e o gran aporte de moitos artistas vinculados á nosa vila e que teñen un lugar de renome gardado no noso acervo cultural, entre os que estiveron Ánxeles Iglesias (2014), Antón Sobral (2015), Celeste Garrido (2016), Miguel Villanueva (2017), Katsumi Yamaguchi (2018), Ramón Lorda “Deside” (2019), Rosa Crespo (2020), Xaquín Soneira (2022) e Belén Diz Juncal (2023).

Sola deu clase como mestre de Filosofía no IES Illa de Tambo entre o 1984 e o 2006, exercendo cargos de director, xefe de estudos e secretario. Botou raíces en Marín, onde tamén se casou e formou unha familia. Sempre foi un colaborador esencial da cultural marinense, a través do Ateneo Santa Cecilia, que daquela tiña unha emisora de radio na que Alfonso locutaba un programa semanal co seu alumnado. Incluso, chegou desempeñar os labores de concelleiro durante un mandato.

No que respecto á parte artística, trátase dun artista polifacético, moderno e absolutamente volcado no procura de novas formas de plasmar a súa interioridade pictórica. Estuda Belas Artes en Pontevedra entre 2012 e 2019, co que denota a súa preocupación polas técnicas do debuxo, a pintura, a escultura, o grabado… entre outras. A fotografía e o mundo audiovisual tamén se cruzaron no seu camiño, realizando mostras e curtas e participando nas novas tendencias.

A inauguración da mostra que se poderá desfrutar durante todo o mes no Museo Municipal Manuel Torres será o venres 5 de abril ás 20.15 horas e levará incluido, como todos os anos, a edición dun catálogo de repaso das obras do artista.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *