Participación en el Marín Gaming.

Estas dúas propostas buscan ofrecer alternativas de ocio para os amantes tanto dos esports como dos xogos de mesa

O concelleiro Hugo González quixo facer un balance “moi positivo” do Marín Gaming, o evento centrado nos esports que se desenvolveu esta ponte na Carpa de Actividades ubicada no Parque Eguren. Segundo os datos da organización, que recaeu no club de esports Lua Gaming, entre os dous dúas pasaron pola carpa cerca de 900 persoas. Os torneos, que era un dos atractivos do evento, tamén tiveron éxito: de EA Sports FC 25 (con 42 inscritos), Mario Kart (36 inscritos), Brawl Stars (con 34 equipos inscritos) e o scape room, con 112 persoas que participaron durante as 4 sesións ofrecidas.

A maiores, “estamos contentos da actividade paralela que se realizou nos institutos, onde chegamos a moito alumnado para falar sobre cyberbullying, que é un tema que lles toca moi de preto”, explicou o concelleiro, que tamén notou que o público “foi moi variado e familiar”.

E agora, as Ludoxornadas, coa visita de Arousa Moza

A seguinte data importante no calendario é este venres, onde teremos a primeira das sesións das Ludoxornadas, que se celebrarán de 17.00 a 21.00 horas no Museo Torres. Nelas, os apaixonados dos xogos de mesa, non importa a súa idade, poderán desfrutar dalgúns dos xogos máis divertidos e coñecidos actualmente.

O dominog, 15 de decembro, será a seguinte Ludoxornada, no mesmo horario e lugar, pero cunha visita moi especial: a dos Mozos de Arousa, da asociación Arousa Moza, e que xa participaron noutras edicións desta actividade.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *