O Concello de Vilaboa obtén a autorización do Porto de Vigo para levar a cabo o proxecto de rehabilitación, acondicionamento e posta en valor do Forno de Cal e do Peirao de Pedra de San Adrián de Cobres. Trátase dunha iniciativa presentada no Galp Ría de Vigo para tratar de conseguir financiamento que permita convertela nunha realidade.
O Concello comezou xa a tramitación dos permisos sectoriais necesarios para a realización da actuación ante Costas, Medio Ambiente e Patrimonio. O Forno do Cal está situado nunha terreo propiedade da empresa Pescapuerta, que colabora co Concello para desenvolver esta iniciativa cedendo o uso e os terreos para facer o proxecto. O consistorio asinou tamén un acordo coa Comunidade de Montes de San Adrián para a cesión dos terreos lindeiros que permitirán o acondicionamento da zona que vai desde o Puente de Rande ata a Punta de Atravesada.