Imaxe de representantes do Concello de Moaña na manifestación do pasado 9 de febreiro en Santiago.

O Concello de Moaña poñerá ao dispor de todos os veciños un autobús para poder acudir á manifestación convocada para o 14 de novembro en Santiago organizada por Sos Sanidade Pública para reivindicar «máis recursos» para a Atención Primaria e que as consultas sexan presenciais, así como un «orzamento finalista» para este nivel asistencial que supoña o 25% da partida sanitaria. Así o acordou na Mesa da Sanidade celebrada na tarde de onte nas instalacións do consistorio.

O autobús partirá o día 14 ás 10:00 horas e, dependendo da parroquia de residencia da maioría dos ocupantes, realizará paradas ao longo da PO-551. Polo menos fará una por parroquia, segundo informan desde o goberno local.

@s interesad@s en asistir terán que anotarse previamente chamando aos números de teléfono 634761765 ou 986312460. No fixo deberán de facelo de luns a venres en horario de mañá de 10:00 a 13:00 horas e o xoves pola tarde de 18:30 a 20:00 horas.


Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *