Leticia Santos coa cartel.

O BNG tamén levará ao Parlamento unha proposición non de lei instando ao goberno autonómico a trasladar as urxencias a Moaña

Arrinca unha campaña de recollida de firmas para pedir a volta das urxencias de Cangas ao PAC de Moaña e a mellora da Atención Primaria. As follas para deixar a rúbrica xa están no Concello pero tamén na Asociación de Mulleres e en establecementos comerciais que así o consideren. Esta é unha das medidas adoptadas na última reunión da Mesa da Sanidade celebrada onte á noite na que, ademais, tomáronse outras decisións enfocadas tamén ao mesmo fin. Propoñen aos veciños que suban unha foto ás súas redes sociais cun cartel coa frase «Pola volta das urxencias a Moaña e por unha Atención Primaria Digna» coa intención de «facer unha gran cadea» virtual, indicou a alcaldesa de Moaña, Leticia Santos, que xa publicou a súa no seu perfil de Facebook.

Pero se aínda así a consellería de Sanidade non cambia de opinión antes do mes de decembro, convocarase unha gran mobilización esixindo a volta do servizo ao edificio de Concepción Arenal. O seguinte paso será, tamén, concentracións con carácter semanal ata lograr a «normalidade» previa á pandemia do Covid-19.

De momento, os membros da Mesa tamén solicitarán unha reunión co conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, e co xerente da área Sanitaria de Vigo, Javier Puente, para trasladarlles a súa preocupación e o seu malestar e instarlles a repoñer o servizo.

Reclamación no Parlamento

Pero no son estas las únicas medidas para reclamar las urgencias en Moaña. O Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), a iniciativa dos seus
deputados Paulo Rios Santomé e Montserrat Prado Cores, ao abeiro do disposto no
Regulamento da Cámara, presentará unha proposición non de lei, para o seu
tratamento en Pleno, instando ao Goberno galego a tomar medidas para recuperar o servizo de urxencias na Casa do Mar de Moaña, así como tamén restituir a atención médica presencial incrementando o persoal para reducir os tempos de agarda.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *