Pediranse cerca de 153.000 euros para sufragar esta aposta polo reforzo dos servizos municipais e a inserción laboral de persoas desempregadas. Contrataranse por 6 meses a xornada completa
O Concello de Marín precisa das axudas para a contratación de traballadores desempregados, baixo a rúbrica do Programa de Activación do Emprego da Deputación Provincial 2025 (Plan +Provincia, liña 3) para a conservación e funcionamento de bens e servizos municipais, para o desenvolvemento dunha serie de obras e servizos dos que se benefi cia o conxunto da cidadanía, incidindo notablemente na mellora da calidade da prestación dos servizos públicos, ao tempo que permite insertar laboralmente a un importante número de traballadores desempregados.
Dentro do Servizo de apoio a obras públicas está previsto a realización de tarefas de apoio á brigada municipal de obras de mantemento e conservación de servizos como obras de saneamento, conservación de viais, obras de reparación, conservación e mellora de edifi cios municipais, traída de augas, alumbrado público, limpeza de praias…
Ditos traballos veñen dados, na maioría das veces, por actuacións de cáracter urxente (roturas ou avarías na rede, desatascos… ) que non poden ser planificadas con anterioridade.
Os traballos dos peóns de obras públicas solicitados serán realizados de forma conxunta con operarios municipais, contando en todos os casos cun capataz ou encargado para a supervisión dos mesmos.
Tal e como se recolle na memoria, solicitarase a contratación de 11 traballadores coa categoría profesional de peón de obras públicas, cun período de contratación de 6 meses a xornada completa.
No que respecta ao servizo de “Conserxería”, a contratación xustifícase pola gran cantidade de edifi cios de titularidade municipal que precisan desta fi gura e do seu reforzo, especialmente en épocas onde están ateigados por veciños e visitantes, ao tempo que reforzan os servizos ao coincidir cos períodos vacacionais do persoal do Concello. Neste caso, contratarase a 3 persoas durante tamén 6 meses de duración en réxime de xornada completa.
En total, solicitarase unha subvención de 152.682 euros á Deputación provincial.