Portais da Praza de Abastos de Marín.

Investiranse cerca de 15.000 euros para poder reparar os elementos que presentan mal estado. Parte dos traballos faranse in situ e despois será preciso trasladar as pezas a un obradoiro especializado

A Praza de Abastos de Marín non é só un espazo de venta de productos alimentarios, senón que supón un punto cultural, etnográfico e gastronómico para poñer en valor e para mostrar parte da nosa historia.

Por iso, o Concello vai levando a cabo actuacións que permitan que este enclave esté en perfecto estado e poida conservar a súa imaxe e estética. Dentro desa liña de actuación, solicitouse unha subvención para a restauración dos portais principais de acceso á praza.

Actuarase nas dúas portas de cerraxería monumentais que dan acceso nas fachadas leste e oeste, desde as rúas Serafín Tubío e Exército e Marina. Tal e como se pode ler na memoria do proxecto, “trátase de dúas portas idénticas, que ademais presentan un estado de conservación similar”.

No que respecta ás carpintarías, atópanse nun estado deficiente, presentando problemas de oxidación. Tamén a pintura de revestimento está en mal estado, con elementos parcialmente soltos.

Para poder tratar todas estas cuestións, realizarase unha tarea previa de recuperación dos elementos dañados e repasarase a soldadura daqueles elementos que presenten corrosión ou risco de rotura durante a desmontaxe e o transporte. Asemade, substiturianse as bisagras actuais, xa que debido ao elecado peso que soportan sofren constantes roturas, que dificultan a apertura.

Despois, os portais desmontarase por completo e levarasen a un obradoiro especializado, para realizar unha limpeza mecánica mediante chorreo en seco e aplicar dúas capas de imprimación e un acabado de pintura de cor idéntica á actual.

En total, investiranse 14.967,70 euros nesta restauración.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *