O goberno local entregou o diñeiro ás entidades.

O Concello de Marín renova coas entidades sociais, deportivas e culturais as
subvencións nominativas de cara ao 2021, facendo unha inversión total de 35.500
euros.

A alcaldesa, María Ramallo, e os concelleiros Manuel Santos e Marián Sanmartín,
recibiron esta mañá aos representantes das entidades que reciben estas axudas,
que firmaron o convenio de colaboración que lles brinda a aportación económica
do Concello.

“Con estas axudas”, explicou a rexedora, “tratamos de apoiar o labor tan esencial
que realizan as ONGs, pola súa parte, e entidades como o Ateneo Santa Cecilia,
Estrela de Marín ou o Marín Peixefresco Marín, cada un no seu ámbito”.
Así, a relación de axudas por entidades sería a seguinte:

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *