Actuación de Café Quijano durante as festas do Carme de Marín.

Marín segue vibrando co seu verán pero xa pode facer un balance do que foron as Festas do Carme deste 2024.

Un balance «espectacular», segundo fontes municipais, que apuntan a unhas festas exitosas, cunha enorme afluencia de veciñanza e visitantes a todas as actividades programadas polo Concello.

Orquestras, concertos, pasarrúas, actividades infantís, DJs… Con estas festas «tratamos de chegar a todas as persoas e a todas as idades, porque sabemos que son uns días nos que a nosa vila está chea de xente e hai que tratar de diversificar a actividade», apuntan desde o Goberno local.

Aínda que queda moito verán, o Carme sempre será un momento especial na época estival, tanto no centro urbano de Marín, onde tamén se puido desfrutar da III Festa dos Viños da IXP Ribeiras do Morrazo, como no núcleo de Seixo, onde celebraron esta fin de semana as súas festas, en colaboración con Acemas.

Un Carme marcado pola presenza da Princesa de Asturias

Ademais, estas festas tamén estiveron marcadas pola estreita relación entre Marín e a Escola Naval Militar, onde virá estudar proximamente a Princesa de Asturias.

A súa presenza na entrega de Reais Despachos supón o primeiro acontecemento do que será a súa estancia na vila

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *