Liceo Casino de Marín.

Se tratará de encaixar o importe da actuación nos aforros municipais e xa se aprobou o proxecto de remodelación do primeiro andar da Casa do Mar, que se converterá nun Centro de Día e que se financiará tamén con cargo ao remanente

O proxecto de conversión do Liceo Casino nun centro de ocio xuvenil multidisciplinar tratará de asumirse con cargo ao remanente de Tesourería, o que supón unha garantía de liquidez para levar a cabo esta iniciativa social e cultural tan importante. Así o explicou esta mañá a alcaldesa, María Ramallo, que repasou algunhas das obras e proxectos aos que se destinará parte dos aforros municipais, que se investirán en importantes iniciativas para a mellora dos servizos públicos que se lle prestan á veciñanza.

O futuro centro xuvenil xa ten proxecto aprobado, cun orzamento calculado de 376.956,85 euros. Ramallo asegura que a creación deste centro é “fundamental” para poder ofrecer á xuventude marinense “un lugar que lles sirva non só a nivel social, senón formativo e de dinamización, adaptado aos seus intereses e no que poidan desenvolver o seu potencial, namentres gozan dun tempo de lecer de calidade”.

Novas tecnoloxías, destrezas educativas, aptitudes culturais e artísticas e outras liñas de desenvolvemento persoal serán as liñas que marquen as actividades e servizos que se ofrezan no centro, que estará pensado para rapaces e rapazas de entre 14 e 20 anos, aproximadamente.

Segundo se extrae do proxecto, o centro contará cun amplo vestíbulo, que servirá como un espazo polivalente; unha sala de traballo e de estudo, unha sala de informática e unha sala de xogos e descanso.

No que respecta á planta baixa, que albergaba a sala de baile do antigo Liceo Casino, será destinada, tal e como xa se anunciara no momento da adquisición do local, a crear o arquivo municipal. Este espazo contará con arquivadores móbiles de accionamento mecánico e cun pequeno almacén. Tamén se prevé a instalación dun ascensor que facilite o acceso peonil como o traslado de cargas pesadas ao arquivo.

Ambos espazos, o centro de ocio e o arquivo, terán entradas independentes desde a Rúa Tiro Naval Janer. Este vestíbulo de entrada será retranqueado para gañar máis espazo tanto para o portal de entrada ás vivendas particulares do edificio como para poder así deixar dúas entradas para o centro de ocio e unha independente para o arquivo, de tal xeito que poidan funcionar separadamente.

Aprobado o proxecto de reforma da Casa do Mar para o Centro de Día

Otro dos proxectos fundamentais da vila que será realizado con cargo ao remanente será a reforma do primeiro andar da Casa do Mar para convertela nun Centro de Día.

Esta actuación está aínda máis preto despois de que o proxecto de reforma fose aprobado este mércores na Xunta de Goberno local. A asistencia á terceira idade de calidade, pública e gratuita é un dos eixos sobre os que está a traballao o Goberno local, que considera indispensable a dotación desta infraestrutura no municipio.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *