Larriba a las puertas de la Comisaría de Policía Nacional de Marín.

Baixó o número de roubos con forza en vivendas e establecementos pero aumentou as lesións e as estafas

A subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, visitou esta mañá as instalacións da Comisaría da Policía Nacional en Marín. Acompañaron á subdelegada na súa visita, a comisaria provincial, Estíbaliz Palma, e os responsables da dependencia.

Segundo os datos proporcionados polos mandos policiais, a cifra de delitos esclarecidos por esta comisaría durante o primeiro trimestre de 2021 é do 41,18 %. “Uns datos moi positivos que nos permiten falar dunha redución do -0,71 % das infraccións penais na localidade durante o primeiro trimestre do ano 2021 en comparación co mesmo período do ano 2020”, informou a subdelegada.

Entre os delitos que máis se viron reducidos durante os tres primeiros meses do
ano, destacan os roubos con forza en vivendas e establecementos, que experimentaron unha baixada interanual do -60 %, os delitos conta o patrimonio (furtos e roubos de vehículos), que descenderon un -29,63%, os delitos graves e menos graves que reducíronse globalmente un -23,33%, e os delitos contra as persoas que caeron nun -6,67%. Pola contra, os delitos leves increméntanse un 16%, debido ao aumento das lesións e das estafas por compras con tarxeta realizadas por internet.

A subdelegada subliñou tamén a cifra de eficacia da Comisaría de Marín que se
sitúa por riba do 51 %. “O labor desta Comisaría permite que, ano a ano, Marín sexa unha localidade máis segura. Por iso quero agradecer o traballo dos seus axentes e, en especial, o esforzo realizado durante o último ano. Un labor encomiable valorado e apreciado pola todos e todas”, afirmou a subdelegada.

Por último, a subdelegada lembrou que o seguimento da evolución da pandemia e
das medidas que establezan as autoridades sanitarias continuará a ser un reto para a Policía Nacional nesta nova normalidade.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *