Os operarios limpando as rúas de Marín.

O Concello de Marín anunciou a apertura do proceso selectivo para a cobertura en propiedade de tres prazas de peón, co obxectivo de fortalecer o cadro de persoal da Brigada de Obras do municipio mediante o sistema de oposición. Non é preciso estar en posesión de ningunha titulación académica para participar, facilitando así o acceso ao emprego público a un maior número de cidadáns. Os aspirantes deberán cumprir, entre outros, os seguintes requisitos:

● Ter a nacionalidade española ou cumprir os supostos de acceso para nacionais doutros estados.

● Ter cumpridos os 16 anos e non exceder a idade de xubilación forzosa.

● Posuír a capacidade funcional necesaria para as tarefas da praza.

● Acreditar o coñecemento da lingua galega (nivel Celga 2 ou equivalente) ou superar unha proba específica.

Proceso de selección

A oposición constará de tres exercicios obrigatorios e eliminatorios:

● Exame de coñecementos: Un cuestionario por escrito de 5 preguntas curtas sobre o temario xeral.

● Caso práctico: Realización de tarefas ou resolución de supostos relacionados coas funcións da categoría.

● Proba de galego: Tradución dun texto para aqueles que non acrediten o título Celga 2

Prazo e presentación de solicitudes

Os interesados disporán dun prazo de 20 días hábiles para presentar a súa solicitude, contados a partir do día seguinte á publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial do Estado (BOE). As solicitudes deberán tramitarse preferentemente de forma electrónica a través da sede electrónica do Concello de Marín.

Temario para o proceso

I. Parte xeral:

1. A Constitución española de 1978. Significado, caracteres e estrutura. Principios xerais.

2. O municipio: concepto, elementos e competencias.

3. A organización política do concello: o alcalde, a Xunta de Goberno Local e o Pleno.

4. Dereitos e deberes dos funcionarios locais. Réxime disciplinario dos funcionarios locais.

II. Parte específica:

1. Conservación e mantemento de edificios públicos: reparacións de mobiliario, eléctricas, de fontanería, de instalacións, de xardinería de carpintería.

2. Normas elementais de amoreamento e almacenaxe dos diversos materiais utilizados.

3. Saneamentos: elementos constitutivos da rede, arquetas, tubos, etc. Tipos e características construtivas. Rede de sumidoiros. Pozos. Arquetas sifónicas. Sumidoiros. Pendente de canalizacións horizontais.

4. Redes de abastecemento de auga. Funcionamento e mantemento. Fontanería interior.

5. Ferramentas básicas e equipos empregados por un operario de servizos múltiples.

6. Clases de morteiro que se utilizan na construción: azulexado, soleira, recebo, crecido de muros, lucido, tellas, soleiras de cubertas.

7. Rozadoiras mecánicas: tipos e características das partes en que se compoñen. Cabezais de roza. Operacións de conservación periódicas.

8. Muros de cachotería. Muros de ladrillo

9. Cubertas. Pavimentos e baldosas.

10. Normas de seguridade e hixiene que se terán en conta na execución de traballos polas brigadas municipais. Prevención de riscos laborais.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *