Suspéndense os concertos e diferentes actividades que se ían celebrar en diferentes puntos da
vila manténdose o Mercado Corsario na Alameda e o dos Oficios no Parque Eguren

Á vista da nova regulación que con respecto ao lecer nocturno, no que afecta á hostalería
e restauración, procédese por parte do concello de Marín á anulación de todas as
actividades de dinamización cultural, concertos en distintos puntos e actividades que
estaban programadas na Festa Corsaria 2020.

Mantense o Mercado Medieval na Alameda de Marín e o de Oficios situado no Parque
Eguren cos postos xa montados e que cumpran coas medidas de seguridade.

Con respecto á hostalería a hora de peche de locais e terrazas será ás 01.00 h e os grupos non poderán ser superiores ás 10 persoas.

Lémbranse as normas do uso obrigatorio da máscara, da prohibición do botellón, da
prohibición de fumar sempre que non se poida gardar a distancia de 2 metros.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *