O Día do Carme, 16 de xullo, Marín terá unha gran tirada de fogos de artificio para
clausurar as festas en honra da patroa dos mariñeiros e seguir coa programación
de ocio e dinamización do verán.
Este ano, os fogos serán tirados desde o Paseo Alcalde Blanco e desde o Concello
de Marín fan as seguintes recomendacións de cara ao público:
- Os fogos de artificio poden ser perigosos e ocasionar graves queimaduras e
lesións nos ollos. - É convinte acudir coa antelación suficiente, polo menos uns 30 minutos antes.
- Deben obedecerse as instrucións do persoal de seguridade e organización do
evento e respectar as barreiras de seguridade. Non hai que achegarse ao lugar
onde están a lanzar os lumes. De feito, a mellor vista dos fogos artificiais é a de 100
metros de distancia ou moito máis alá. - No caso de acudir con nenos pequenos (non levar nunca bebés con carriños
por propia seguridade), é convinte chegar pronto para situalos xunto á barreira de
seguridade, para unha maior comodidade. - En caso de sentirse mal (lipotimias, mareos…) ou sufrir algunha ferida durante o
espectáculo, acudir aos membros da asistencia sanitaria que estarán situados de
forma estratéxica no acceso á zona de seguridade. - Durante o disparo de fogos artificiais é bastante frecuente, se estamos situados
na dirección o vento, que caian restos de cinza. En caso de introducirse nos ollos,
convén lavar con auga abundante e non refregarse. - Aínda que é raro que ocorra, se un compoñente do lume artificial cae ao piso
sen explotar preto de ti, non se debe tocar nin empuxalo co pé (xa que se pode reactivar e estourar). Hai que avisar inmediatamente ao persoal de seguridade do evento: Policía, Bombeiros… Nunca hai que manipulalo.
- Deixar ás mascotas na casa porque teñen os oídos sumamente sensibles ás
explosións e adoitan ser moi desagradables para eles, en especial para os cans.