Manuel Rosales animando na carreira. FOTO: Facebook 10 Marín Manuel Rosales

Será o 29 de xullo e xa están aberto o proceso de inscrición

A Carreira +10 Manuel Rosales volve desputarse este ano, o venres 29 de xullo. Unha nova oportunidade de unir práctica e historia deportiva, da que xa está aberto o proceso de inscrición, a través deste lizazón.

A proba absoluta desputarase ás 22.00 horas e terá saída desde a Avenida de Ourense e chegada á Alameda Rosalía de Castro. O percorrido terá unha distancia de 10 quilómetros totalmente planos, sen desniveis e homologado pola Real Federación Española de Atletismo.

As categorías escolares comezarán ás 20.40 horas, coa categoría de Biberóns (1-2 anos). Esta categoría, así como a de pitufos, prebenxamín, benxamín e alevín non serán competitivas. No resto, haberá premios para os tres primeiros de cada categoría.

A proba absoluta ten un custe de 6 euros ata o 24 de xullo ás 23.59 horas, a partir da data na que esta inscrición subirá aos 8 euros. O 27 de xullo rematará o prazo de inscrición. No que respecta aos menores, a inscrición será gratuíta, así como para aos pertencentes aos clubs de atletismo de Marín, sempre e cando fagana súa inscrición antes do 17 de xullo.

Para as inscricións anteriores ao 24 de xullo, a recollida de dorsais poderá ser anticipada, na Tenda Miller, da Rúa Peregrina, 6, en Pontevedra, do 26 ao 29 de xullo. Para o resto, poden collerse na Alameda o venres de 12.00 a 14.00 e de 15.00 a unha hora antes da saída de adultos.

Se se precisa máis información, pode solicitarse chamando ao 986843562 ou no correo electrónico milerunningclub@gmail.com

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *