A concelleira e o presidente de Ademar onte en la Alameda.

O Día da Liberación de Marín, que conmemora a xesta de Gago de Mendoza e as alarmas do Morrazo, será de novo diferente na nosa vila debido ás restricións sanitarias. A concelleira Itziar Álvarez e o presidente da Asociación Ademar, Manuel Torres, visitaron o cubo colocado polo Concello na Alameda Rosalía de Castro, no que se reproducen diversas esceas do cómic que se elaborou explicando a historia do heroe marinense.

A concelleira adiantou que o Premio Liberación deste ano será outorgado ás asociacións sen ánimo de lucro da vila: AECC Asociación Española contra el Cánce; Asociación de acción solidaria Sor Elvira; Asociación Asociación amor en Acción Amenac; Asociación benéfica de ayuda al necesitado Sos, cáritas Diocesana Marín, Cáritas Diocesana Santomé, Voluntarias de la CAridad, San Vicente de Paul Comedor Benéfico.

O mesmo día 4, ás 13.00 horas, realizarase un pequeno acto contando con todas as medidas de seguridade onde un intérprete dos Chaneiros tocará o himno galego.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *