Trátase do Plan Concellos e destinaranse a xardinería, limpeza, albanelería ou emerxencias
O Concello de Cangas, en base as liñas de actuación recollidas dentro do Plan Concellos para a activación do Emprego, aprobado pola Deputación Provincial de Pontevedra, solicitou unha subvención para a contratación de 23 persoas desempregadas, distribuídas nas prazas que máis adiante se indican.
Coa fin de que as persoas desempregadas que estean interesadas en optar a algunha destas prazas podan no seu caso seren preseleccionadas pola Oficina de Emprego, desde o Concello de Cangas fanse públicos os códigos de ocupación correspondentes ás prazas que se ofertan.
Con tal motivo, deberán ter incluído/s na súa demanda de emprego algún ou algúns dos códigos de ocupación segundo á/s praza/s á que desexen optar, das que se expoñen de seguido:
- 7 Peóns /peoas Varredores/as: código 94431016
- 2 Oficiais de Servizos Múltiples: código 71911012
- 2 Oficiais Albaneis: código 71211015
- 2 Peóns /peoas Xardineiros/as: código 61201028
- 8 Peóns /peoas Agrícolas e Xardineiros/as: códigos 61101124 e 61201028 (deberán
ter incluída na súa demanda os dous códigos indicados) - 2 Peóns /peoas Emerxencias: código 59991036 Esta contratación, en caso de ser aprobada, realizarase por un período máximo de 6 meses, a xornada completa. As persoas interesadas en participar no proceso de selección deberán estar inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandantes non ocupadas, deberá constar na súa demanda algún/s dos códigos de ocupación antes indicados e, así mesmo, deberán ter dispoñibilidade para de selo caso incorporarse ao posto de traballo. Estes requisitos deberán cumprirse tanto no momento da selección coma no da formalización do contrato.