A alcaldesa no patio exterior teitado onde se colocou novo céspede artificial.

O investimento global supera os 22.000 euros

A escola infantil de A Choupana de Cangas acaba de estrear mobiliario trala reestructuración dunha sala común que as nenas e nenos utilizan diariamente para diferentes actividades e na que tamén disfrutan da súa merenda. A actuación do Concello neste centro completouse cun investimento de 16.424 euros na colocación de céspede artificiar para uso infantil nos patios exteriores da escola, nunha superficie total de 310 metros cadrados entre os dous.

Cun orzamento cercano aos 5.600 euros, o Concello tamén dotou ao centro infantil dun moble modular en dúas alturas que facilitará ao persoal docente manter ordeados os diferentes elementos de xogo que utilizan diariamente para o desenvolvemento das tarefas e actividades orientadas ao aprendizaxe do alumnado.

O novo mobiliario recolle tamén estantes para manter o microondas, utilizado para quentar biberóns ou merendas específicas, fora do alcance dos cativos. Un moble funcional disposto ao longo de toda a parede sustitúe así un estante insuficiente e obsoleto na escola infantil da Choupana.

En total o Concello destinou 22.000 a melloras nas instalacións de A Choupana.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *