Portas falando cos veciños do barrio de Romarigo cando era alcaldesa.

AV advirte de que os traballos deberían estar rematados antes do 31 de decembro e os traballos aínda non comezaron

Os veciños do barrio de Romarigo poderían quedar sen saneamento se o Concello de Cangas incumpre os prazos recollidos nas bases das axudas que se concederon para a realización destas obras por un valor de 155.505,72 euros, a totalidade do orzamento de execución, que fixa o prazo para completar a execución é o 31 de decembro de 2023. Alternativa dos Veciños (AV), o partido que lidera a exalcaldesa Victoria Portas, advirte do risco de perder estes cartos que ela mesma pedía cando era responsable do goberno local. «A obra de Saneamento do Barrio de Romarigo é unha obra que nin tan siquera está comezada aínda que se lle indicou a veciñanza que arrincaría unha vez rematadas as Festas do Cristo»,

Unha alerta que, explica, quixo pór enriba da mesa no último pleno a través dunha moción de urxencia «xustificada porque se xogan moitos cartos se o goberno local non cumpre», explica Portas, pero que o tripartito se negou. aceptar e, polo tanto, non se puido debater. «O Goberno Municipal nos nega expoñer unha moción de urxencia, que ten en xogo duas obras do Concello e a punto de perder os cartos da Subvención. Pero ante a pouca transparencia, Alternativa seguirá dando voz a veciñanza e advertindo que o Concello non se pode permitir o luxo nin de perder subvencións nin deixar a veciñanza de servizos basicos», criticaba después la portavoz de AV.

Pero, segundo Alternativa, non é a única obra que podería estar en xogo. Tamén a rehabilitación do cemiterio de Coiro, a pavimentación de varias vías municipais, a pavimentación ecolóxica da rúa Fora, en Donón, a adecuación funcional de tres vivendas na rúa Ensinanza e o saneamento da Baixada a Francon. Todos eles deberán estar rematados antes de que remate este ano e xustificados ata o último día de marzo de 2024. En caso contrario, perderíanse os cartos.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *