Zona da Chamiceira.

A mellora do servizo de abastecemento de auga nas zonas altas da Chamiceira dará un paso adiante si a Corporación canguesa respalda na sesión ordinaria de hoxe a proposta que presentará a alcaldesa, Victoria Portas. Consiste na execución das obras recollidas nun anteproxecto elaborado pola enxeñería técnica Esinpro SL a petición da UTE Gestión Cangas e que recolle un orzamento en execución de material de 19.645,91 euros.

Victoria Portas sostén que esta obra é imprescindible para mellorar o servizo de abastecemento nesta zona, xa que debido á súa proximidade ó depósito de Nerga e á reducida presión na rede a poboación deste entorno padece problemas no
subministro.

As obras previstas contemplan a instalación dun pequeño grupo de presión en liña, equipado cun sistema de control electrónico de presión e un depósito de expansión que se situará nas inmediacións do lavadoiro existente na zona.

A tramitación deste expediente ven de atrás e xa foi informado favorablemente polos servizos técnicos municipais en outubro de 2021 e someteuse a exposición pública mediante anuncio publicado no BOP o 29 de novembro de 2021 así como no taboleiro de anuncios do Concello sen que se presentase alegación algunha.

A aprobación da obra por parte do pleno é, por tanto, o último paso para que o Concello solicite á UTE Gestión Cangas a execución dos traballos polo que Victoria Portas confía en que os veciños das zonas altas de Chamiceira gocen este verán dun suministro de auga en condicións. “A auga é un servizo básico ao que teñen dereito todos os cidadáns e é responsabilidade das administracións garantizarllo. Desde o goberno local axilizamos ao máximo este expediente para que as carencias destes veciños e veciñas queden resoltas antes do verán”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *