Concello de Cangas.

A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) concede ao Concello de Cangas unha axuda por importe de 47.946,00 euros, importe total do proxecto presentado pola administración local, para mellora da rúa Serra de Nacente, en Darbo, a través da implementación de unha nova capa de rodadura.

A axuda dividirase en dúas anualidades. O 23 por cento no 2022 e o 76,1 por cento en 2023.

O prazo límite para executar e xustificar os investimentos correspondentes á
anualidade 2021 será o 15 de outubro de 2022. O feito de non xustificar
correctamente esta anualidade devirá na perda parcial do dereito ao cobramento da axuda polo importe non xustificado.

O prazo final de execución e xustificación será o 30 de maio de 2023

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *