A campaña Cangas en Negro no ano 2020.

O Concello de Cangas ven de prorrogar por un periodo dun ano o convenio de colaboración asinado en decembro de 2019 coa Deputación de Pontevedra para adherirse ao Acordo Marco para a Contratación do Servizo de Impresión e Dixitalización Municipal e que permitiu a adxudicación dos traballos naquel momento á empresa Canon España SAU.

Cangas acordou renovar este convenio para abaratar costes xa que garante o acceso a unhas condicións comúns para os servizos de impresión e dixitalización de documentos que posibilitan unha mellora na eficiencia e calidade nos traballos e un mellor custo economico dos mesmos.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *