Unha das reunións no Concello.

Os diversos encontros terán lugar o martes 3 de marzo no salón de plenos da Casa Consistorial

O Concello de Bueu convoca aos colectivos o 3 de marzo para a celebración dos encontros na fase de proposta do Plan de Mobilidade Urbana e Sostible (PMUS), que a empresa adxudicataria, Terravanza, xa ten practicamente ultimado. No proceso de participación cidadá que se desenvolveu ao longo do mes de xaneiro foron convidadas diversas asociacións e colectivos para coñecer as necesidades e problemáticas no ámbito da mobilidade. Agora quedan de novo emprazados para o martes no salón de plenos da Casa Consistorial.

Ás 11.30 celebraríase o encontro cos sectores de ocio e turismo; ás 13 h, coas asociacións veciñais; ás 16 h, co sector equipamentos – centros escolares; e ás 17 h co sector mobilidade, economía e loxística. Agradécese confirmación de asistencia no teléfono 986390029 (ext.4).

Así mesmo, despois destes encontros, está programado o Forum de validación final do documento o 6 de marzo, e a presentación pública do mesmo o 12.

O Plan de Mobilidade Urbana e Sostible (PMUS) está subvencionado pola Deputación
Provincial de Pontevedra e conta cun orzamento de 13.303,95 euros. O mesmo suporá
un gran avance para determinar os principais problemas e as prioridades de cara a
mellorar a mobilidade no municipio morracense. Seguindo coas liñas estratéxicas que o
goberno local leva anos impulsando, o PMUS suporá un gran avance, sobre todo porque
se concibirá como o instrumento de referencia á hora de mellorar as redes de
comunicación do concello, construíndo espazos para a cidadanía e fomentando unha
necesaria sintonía co medio ambiente.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *