Ambos son proxectos que veñen a mellorar a prestación de servizos públicos no termo municipal. No caso da Costa, a proposta de adxudicación foi por máis de 163.000 euros, e en Bexe, por máis de 126.600 euros
O Concello de Marín vén de avanzar na tramitación de dúas actuacións relevantes para a nosa vila no que respecta á prestación de servizos públicos esenciais. Trátase do proceso de adxudicación para a rehabilitación integral do depósito de auga da Costa e para a creación da rede de abastecemento de auga para Bexe, na parroquia de Seixo. En ambos casos, as Mesas de Contratación propuxeron a adxudicación, que finalemente se fará efectiva na Xunta de Goberno local.
No que respecta á primeira destas actuacións, o obxectivo é remodelar toda a
instalación, xa que, a pesar de atoparse en servizo, presenta un avanzado estado
de deterioro. Con esta actuación, acondicionarase todo o depósito, incluindo a
cámara de chaves, e renovarase a caldeirería e as válvulas, coa finalidade de
facilitar o control e manipulación do sistema.
Rematado o proceso de licitación, a Mesa de Contratación propón para a
adxudicación deste proxecto á empresa Sodein Soluciones Intergrales, por un
importa de 163.201,46 euros. Serán cinco meses o que teña de prazo para realizar os traballos, a contar desde a comprobación do reprantexo. A inversión realizarase con cargo ao Plan Concellos 2021.
Por outra parte, a dotación dunha rede de abastecemento para Bexe é unha
actuación fundamental, moi demandada pola veciñanza, xa que ata o momento a
conexión era privada, a través de traídas, e na época estival podían darse
problemas de abastecemento.
O proxecto beneficiará a un total de 33 vivendas e vén de ser proposta para
adxudicación por valor de 126.686,77 euros á empresa Construcciones Obras y
Viales, que terá de prazo tres meses para finalizar a intervención. Con estas dúas actuacións, o Concello segue traballando para mellorar e renovar os servizos públicos esenciais da vila, para prestalos con calidade e á altura das demandas da veciñanza.