A rexidora falando coas alumnas.

O goberno local decidiu axudar con 600 euros a cada participante

Esta mañá celebrouse no Concello unha recepción por parte da alcaldesa, María Ramallo, e outros representantes do Goberno local aos bailaríns do Ballet de Galicia que dentro de quince días voarán a Tampa (Florida), para participar na final mundial da Youth America Grand Prix America, un dos certames de ballet máis prestixiosos do mundo.

Os marinenses lograron clasificarse en tres categorías e están preparándose con moito esforzo e ilusión polo seu debut ao outro lado do Atlántico, despois de superar o reto de pasar o corte europeo no certame de Berlín.

A alcaldesa desexoulles toda a sorte o mundo e recomendoulles que aproveitaran unha oportunidade, «que pode que non se repita facilmente».

A rexedora asegurou que desde o Concello non querían «que ningún dos nenos e nenas clasificados quedase sen ir a Tampa por unha cuestión económica. Ademais, sabemos que para as familias en xeral é un esforzo económico e persoal».

Por iso, o Concello aportará unha axuda por cada neno de 600 euros, cunha aportación total de 6.600. A alcaldesa, acompañada do propio Diego Landín e doutra mestra do Ballet de Galicia, fíxolle entrega aos once participantes dun cheque simbólico.

Os bailaríns que nos representarán son Lola Pazos Valdés, Ainhoa Souto Tilves, Camila Yoalí Altuve Fernandez, Uxía Fernandez Villegas, Felipe Meijueiro Gonzalez, Estela Carrajo Rivas, Noa Gil Reboredo, Iara Valle Miguez, Iria Calvar Méndez, Andrea Pazos Blanco e India Castro López.

Ao rematar o acto no Salón de Plenos, os máis pequenos do Ballet de Galicia ofreceron unha actuación na que deixaron claro que hai relevo e novas xeracións de bailaríns na nosa vila.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *