Pablo Novas, concelleiro de Medio Rural.

Así o avanzou esta mañá o concelleiro Pablo Novas, que informou do inicio do expediente de contratación. A inversión faise con cargo ao Plan Máis Provincia da Deputación de Pontevedra

O concelleiro de Medio Rural, Pablo Novas, informou esta mañá do inicio do expediente de contratación dun ambicioso proxecto de mellora do firme pavimentación de camiños en distintas parroquias do rural marinense no que se investirán 356.487 euros a través da liña 1 do Plan Máis Provincia da Deputación de
Pontevedra.

A Xunta de Goberno local deu conta da concesión desta subvención por parte do ente provincial, que permitirá acometer estes labores de mellora e rehabilitación das calzadas de vías que son importantes en materia de mobilidade das parroquias. Concretamente, actuarase en máis de 2.280 metros cadrados de
superficie, repartida nos seguintes camiño
1.- Camiño en Pardavila (O Chamo)
2.- Camiño en Viñas Blancas (O Carballal)
3.- Camiño en Mogor-Praia de Portocelo
4.- Camiño en Cruceiro da Brea – San Blas
5.- Camiño en Currás
6.- Camiño do cemiterio ao campo de fútbol en Santomé de Piñeiro
7.- Camiño en Moledo
8.- Camiño en O Pazo

“As calzadas que seleccionamos para este proxecto presentaban importantesdeficiencias superficiais, cun deterioro que non permite actuar simplemente bacheo”, explica o edil, que asegura que proximamente xa se colgará no Perfil do Contratante a licitación para que poidan presentarse as empresas interesadas.

Esta actuación, ademais, permitirá unha importante mellora da seguridade na circulación, posto que a extensión dunha nova capa de rodaduira permitirá non só unha maior durabilidade e uniformidade da vía, senón tamén unha mellor adherencia do neumático ao pavimento, reducindo o risco de sinistralidade.

A maiores, o concelleiro asegura que a través de fondos propios e outras liñas de financiación “seguimos tratando de chegar a todos os puntos do rural q precisan dunha actuación neste sentido”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *