A COMIC-CON MOAÑA 2022 se realizará dende o 13 ao 18 de Xuño na cMo – Casa da Mocidade de Moaña. Despois de varios anos de parón presencial, volven cunha nova edición, neste caso nunha nova ubicación para que sirva de transición para medrar en contido e en posibilidades. Tras estes anos de parón, a realidade dos institutos é moi inmediata e fixo que as persoas que estaban involucradas nesta festa xa marcharan dos centros imposibilitando repetir a experiencia que emanaba dos propios institutos. Aproveitamos a súa experiencia e contactos para realizar esta nova edición, que pretendemos co tempo volverá ser unha festa que emana das peticións e necesidades dos clubs Manga dos institutos As Barxas e Paralaia.
As actividades e os horarios estarán definidos en tres franxas diferenciadas. De luns a venres polas mañáns os institutos irán en turnos á Casa da Mocidade, permitindo que a gran maioría da rapazada moañesa poida pasarse neste horario de mañán. durante esas dúas horas e duas hora e media todo o alumnado que pase terá as mesmas actividades, poderán escoller entre obradoiro de comic, ir xogar ao Quidditch ao pavillón do Rosal, e xogar coas diferentes posibilidades gamming que temos na casa da Mocidade con material propio, circuito de pistolas nerf e diferentes posibilidades de entretemento.
De luns a xoves pola tarde, de 17:00 a 21:30 horas, acceso libre para calquera persoa. Manterase o espazo coas mesmas actividades que pola mañán de xogo libre e realizaranse obradoiros de origamie MAgic pola tarde.
O venres 17 e o sábado 18 de xuño, de 17:00 a 23:00 horas, o espazo aumentará contidos e actividades. Ampliarase a zona gaming que, ademais das consolas da casa da mocidade, contarase con 5 ordenadores gaming, 1 ps5, 2 ps4 e 2 switch ademais das consolas retro da Cmo, outra switch e wii. Este epazo estará controlado pola asociación Gaming Troop.
Haberá Xogos de mesa e MAgic en todas as Xornadas, nun espazo xunto con diferentes mesas de diferentes tendas da comarca relacionadas co Manga e xogos, este espazo estará coordenado polas Asociación OS gardiáns de Moaña e Tempus Ludit. Sala NERf Os de Tempus Ludit coordenarán e controlarán este espazo de diversión en toda a xornada. Realizaranse obradoiros e presentacións do libro Baixo O pantano a cargo da autora moañesa Ángela Curro. Non faltará o karaoke e diferentes xogos, así como o venres 17 varias formacións de esgrima antiga a Cargo da Asociación Cabaleiro errante. Xa o sábado 18 poderase xogar ao Quidditch co equipo vigués Dinosaur’s Army. Todos os torneos do venres e sábado terán premio.