En Moaña tómanse en serio a saúde. Este ano propoñen unha nova xornada para compartir hábitos da vida saudable na que inclúen moitas actividades coas que alcanzar un benestar global a través do coidado físico, mental e espiritual.
Esta segunda edición da Feira da Vida Saudable ten un formato similar ao da primera edición, que gustou tanto. Haberá ioga Kundalini, ioga para as familias, meditación, biodanza, un flash mob de Bollywood e un concerto meditativo.
A gran novidade será unha charla sobre nutrición. Tamen as crianzas poderán participar nun rastrexo moi divertido grazas as propostas do alumnado do Obradoiro Moaña Moza II do Patronato Beiramar. Haberá xogos e taller de reciclaxe, taller de comida saudable, obradoiro de plantación de sementes e xogos de cubrir fichas de retos saudables.
Toda unha xornada para disfrutar nun entorno fermoso, a arboreda da Xunqueira. O plan perfecto dun domingo.