A alcaldesa, María Ramallo, e o xerente do Consorcio Galego de Benestar e Igualdade, Perfecto Feijóo realizaron unha visita á instalación, que terá capacidade para atender ata a 40 maiores
O novo Centro de Día público de Marín abrirá as súas portas, previsiblemente, pasada a ponte de decembro. Hoxe, a Consellería de Política Social adxudicou oficialmente a súa xestión á empresa UTE Raiola Riazor. A alcaldesa, María Ramallo, e o xerente do Consorcio Galego de Benestar e Igualdade, Perfecto Feijóo, realizaron unha visita ás instalacións acompañados pola edil de Benestar Social, Marián Sanmartín, para repasar os últimos detalles do inmoble antes da súa posta en servizo.
Tal e como explicou a rexedora, “nas próximas semanas haberá encontros de traballo entre a empresa e o departamento municipal de Servizos Sociais, para coordinar a apertura de portas coas persoas usuarias”. Desde Política Social recórdase que para poder optar a unha praza é preciso ter recoñecida o nivel de dependencia da persoa, trámite que se pode realizar a través dos Servizos Sociais.
No caso de que xa se estea desfrutando dalgún recurso asistencial, tamén é posible contactar con este departamento e solicitar o cambio de recurso para pasar a desfrutar dunha praza no centro de día público. Inicialmente, abrirase con 20 prazas, que poden ser prorrogables a 40, e que se irán ocupando pouco a pouco para o bo desenvolvemento da apertura.
A Consellería de Política Social investiu 250.000 euros na reforma do inmoble, aos
que se sumaron 100.000 euros.