As bases poden consultarse no taboleiro de anuncios da sede electrónica e pretenden formar a 20 persoas desempregadas durante 12 meses para fomentar a súa futura inclusión laboral
O Concello de Marín vén de publicar as bases para a selección de persoas que poidan concurrir aos dos obradoiros de emprego que arrancarán a finais deste mes na nosa vila. A publicación, que pode consultarte íntegra no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello, informa de que os obradoiros formarán a 20 persoas desempregadas durante 12 meses nas seguintes especialidades:
● 10 para a atención sociosanitaria a persoas dependentes no domicilio e en institucións sociais
● 10 para traballar en na industria pesqueira e de elaboración de produtos da pesca e a acuicultura
Durante o que dure a formación, as persoas seleccionadas recibirán os coñecementos necesarios para o futuro desempeño destes traballos. Desde o inicio da súa participación, seán contratadas cun contrato de formación en alternancia, de xornada completa, polo cal recibirán o salario mínimo interprofesional, de 1.080 euros ao mes (máis as pagas correspondentes). Entre os requisitos máis relevantes para acceder ao obradoiro destacan ter nacionalidade española, non padecer ningunha enfermidade ou defecto físico ou psíquico que poida impedir o desempeño dalgunhas funcións relativas ao posto ao que se concurre, ter máis de 18 anos
e estar en situación de desemprego, estando rexistrado no Servizo Público de Emprego de Galicia.
Asemade, priorizaranse persoas demandantes de emprego que teñan especiais dificultades de inserción no mercado de traballo, como as persoas emigrantes retornadas, as mulleres vítimas de violencia de xénero, as persoas que teñen agotada a prestación por desemprego ou outros subsidios, parados de longa duración, maiores de 45 anos… entre outros.
O sistema de selección das persoas candidatas será de concurso-oposición e poden consultase nas bases toda a documentación precisa para concorrer.
Este programa é posible grazas á axuda da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, coa financiación do Fondo Social Europeo e a Iniciativa de Emprego Xuvenil.