O Salón Teatro de Santiago de Compostela celebrou hoxe a entrega dos premios do Certame Cooperativismo no Ensino 2021, concedidos pola Consellería de Emprego e Igualdade. A entrega realizouse vía streaming, coa presenza do alumnado vía telemática.
Na modalidade de actividades artísticas, uns dos premiados foron os alumnos de 3º e 4º cursos de primaria do Ceip Plurilingüe de Domaio, en Moaña, aos que foille concedido o premio ao proxecto Historia para con-vivir.
Durante a cerimonia, os asistentes puideron desfrutar do espectáculo teatral Aibō,
interpretado polas actrices Iria Pinheira e Areta Bolado, da Compañía Eléctrica.
O certame ten por finalidade difundir e promover o cooperativismo e os seus valores, como son a solidariedade, o espírito democrático, a participación, a actuación colectiva ou a solución pactada de conflitos entre o alumnado dos centros de educación infantil, primaria, secundaria obrigatoria, educación especial, formación profesional e de ensinanzas de réxime especial.
Un total de 59 centros participaron nesta convocatoria, repartida en tres modalidades: actividades artísticas (infantil e primaria), actividades cooperativizadas (estudantes de ESO e educación especial) e proxectos empresariais cooperativos (dirixida a centros de formación profesional e ensinanzas de réxime especial).