Será unha oportunidade única para coñecer os viños das cinco bodegas que forman parte da indicación xeográfica protexida, os días 7, 8 e 9 de xullo na Alameda

A Alameda de Marín acollerá esta fin de semana, do 7 ao 9 de xullo, a II Festa Dos Viños da IXP Ribeiras do Morrazo, unha cita imperdible para os amantes do viño e da nosa tradición vitivinícola, na que se poderán degustar e catar as distintas variedades que producen a Adega de Ardán, Os Areeiros, Videiras no Mar, Mosteiro de Poio e Reboraina.

Estas son as bodegas que terán unha caseta na festa e que forman parte da asociación montada ao redor desta indicación xeográfica protexida, unha figura que leva en vigor desde o 2018 e que o ano pasado deuse a coñecer moi en parte pola celebración da primeira edición desta festa.

O obxectivo da feira é que ca veciñanza de Marín e todos aqueles que nos visitan ao longo destes días coñezan estes produtos e, sobre todo, sexan conscientes que aquí tamén existe unha produción vitivinícola importante, de calidade, que se exporta e que acadou un selo gastronómico tan importante como é o da IXP, que só hai cinco en Galicia.

Serviranse copas cun prezo único e a empresa marinense Rosa de los Vientos será a encargada da parte da comida, ofrecento arroz con polbo, fabes con polbo, croquetas, polbo frito e polbo á feira, así como polbo ao estilo Ons con patacas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *