Cangas volve situarse no mapa da música galega co recoñecemento acadado polo pianista e compositor Xan Campos, que vén de gañar o Premio Martín Códax da Música na categoría de Jazz co seu proxecto Amorodios. A gala da XIII edición dos premios celebrouse o mércores 27 de maio no Pazo da Cultura de Pontevedra, nun ambiente festivo e de celebración da música galega, e contou coa presenza do pianista James Rhodes, encargado de entregar o galardón precisamente na categoría de Jazz.
No disco participan tamén a cantante Faia Díaz, o guitarrista Virxilio da Silva e o batería cangués Iago Fernández. Fernández, unha das figuras máis recoñecidas do jazz europeo actual, xa fora distinguido con este premio en 2016 co seu proxecto Brisa, no que Xan Campos participaba como pianista, reforzando así unha traxectoria compartida que continúa a dar visibilidade e recoñecemento á música feita en Cangas.
Esta XXIII edición dos Premios Martín Codax recoñeceron a calidade artística dun proxecto que afonda nun jazz contemporáneo aberto, creativo e transgresor, combinando improvisación, risco e identidade propia. Este novo recoñecemento confirma o excelente momento creativo que atravesa o jazz galego e reforza, ao mesmo tempo, o papel de Cangas.

