As catro medallistas do Náutico de Cobres.

A presidenta do Club vincula estes resultados cunha técnica de adestramento que fomenta a confianza en si mesmas das deportistas da entidade

O Campionato de España para Xóvenes Promesas celebrado esta fin de semana en Verducido deixou catro medallas para as deportistas do Club Náutico de Cobres. Carla Corrales, Iria Gimarey, Marina Calvar e Sabela González conseguiron o ouro en K4 500 metros; Carla Corrales e Iria Gimarey repetiron ouro na categoría K2 500 metros; en K1 500 metros Carla Corrales fíxose coa medalla de Prata en categoría infantil mentras que a de Bronce foi para Iris Corredoira.

O alcalde de Vilaboa, César Poza, que compartiu parte da xornada deportiva con deportistas, directivos e familias do Club Náutico de Cobres en Verducido felicita á entidade polos excelentes resultados obtidos nun campionato no que participaron 1.300 palistass e 105 clubs de toda España. Luisa García, que preside unha xunta directiva integrada por outras catro persoas, destaca o importante traballo realizado polo adestrador, Alfonso Rivas, quen ademáis dunha preparación física axeitada “traballa coas rapazas a nivel psicológixo, xa que o resultado do adestramento de todo un ano decídese nunha proba de dous minutos.

Aprenden a gañar confianza en si mesmas”. Unha cuestión que non é doada de dixerir para para rapazas que rondan entre os 6 e os 16 anos. Esta é a franxa de idade na que oscilan o 50% das licencias que ten o club. “Hai dúas cousas das que nos sentimos especialmente orgullosos. Unha é que temos moitos deportistas das categorías máis novas e outro que temos moitas rapazas practicando piragüismo en Vilaboa, un
deporte tradicionalmente masculino”

Para Luisa García os resultados deportivos acadados esta fin de semana no Campionato de España compensan o esforzo económico dunha entidade “pequena e con moitas dificultades para acceder a axudas. Hai que ter en conta que os costes dunha embarcación van dos 1.500 euros dun K1 aos 9.000 dun K4”. E neste sentido, agradece a colaboración do Concello de Vilaboa no apoio a este deporte no municipio.

O Club Náutico de Cobres nace en 1983 para iniciar sobre todo aos rapaces e rapazas na práctica do piragüismo en Vilaboa e dende entón entrea alevíns, infantís, cadetes e xuvenís que participan nas diferentes competicións organizadas tanto pola Federación Galega como polos clubs. “É un orgullo para todos nós que o Club Náutico de Cobres sitúe Vilaboa no mapa do piragüismo galego. Estas medallas demostran unha vez máis que a constancia e o traballo dan sempre bos resultados”, apunta César Poza.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *