Segundo fontes policiais, o cadáver aparecido onte na contorna da praia de Ancoradoiro, en Cabo Udra, é o dunha veciña de Marín de 69 anos. Concretamente da parroquia de Seixo. Polo momento descoñécese desde cando falta do seu domicilio aínda que polo estado no que se atopaba o corpo non pasarían moitos días na auga.
O corpo foi localizado por uns viandantes que paseaban polo camiño da Mourisca onte a media mañá. Os encargados de levalo a terra foron os Bombeiros do Morrazo e desde ese momento comezou un traballo de identificación que finalmente deu os seus froitos.