A Concellería de Cultura do Concello de Cangas inicia a programación de cine ao aire libre e que un verán máis chegará ao centro de Cangas e as parroquias .
A actividade iniciase este domingo 1 de agosto coa proxección na Explanada de Ojea en Cangas da película “CAPITANA MARVEL”.
As seguintes proxeccións serían:
* 8 agosto no Adro da Capela de A Magdalena (Darbo): «Abominable» (Debuxos animados)
* 15 agosto no Adro da Igrexa de Hío: «Dolitle»
* 22 agosto na Alameda de Aldán: «El gran baño»
* 5 setembro na explanada de Ojea Cangas: «La boda de Rosa»
O horario de comezo sería as 22:00 horas.
A entrada de balde previa inscrición na Casa da Xuventude ou chamando ao teléfono 986392171. No caso de non esgotarse as entradas poderán retirarse media hora antes de empezar a función no lugar da proxección.