Esta fin de semana realizaranse os traballos de mantemento programado na ponte de Rande consistentes na substitución dunha xunta de dilatación do taboleiro central da ponte á altura da pila Sur, afectando o carril dereito en sentido Vigo.
Está previsto que a actuación se inicie o sábado 22 de maio ás 09:00 h. da mañá e finalice o domingo 23 de maio ás 17:00 h. En consecuencia, durante ese período será necesario realizar un corte do carril dereito do taboleiro central en sentido Vigo, en toda a lonxitude da ponte de Rande.
Os vehículos procedentes de Pontevedra circularán polo carril esquerdo, mentres que aqueles que proveñan do Morrazo circularán a través do taboleiro lateral ampliado, en ambos os casos en sentido Vigo. Non haberá afeccións ao tráfico en sentido Pontevedra.
As afeccións estarán debidamente sinalizadas na AP-9 e a través dos paneis de mensaxe variable.