O goberno local e a asociación presentando a exposición fotográfica.

Chega a exposición fotográfica “Contrastes de Moaña”. Como cada ano, a Asociación Fotográfica e Cultural Olladas celebrará unha mostra en imaxes, en colaboración co Concello de Moaña, na que doce asociados amosarannos o seu particular punto de vista do Concello a través de 50 contrastes. Todos eles acompañados de breves citas ou textos propios que están a completar o seu sentido.

Poderase visitar no alto da praza de abastos de Moaña os días 11 de agosto (de 19:00 a 22:00 horas) e 12 e 13 de agosto (de 11:00 a 14:00 e de 19:00 a 22:00 horas).

A inauguración será o venres 11 de agosto ás 19 horas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *