Operativo despregado en Domaio para sufocar o incendio.

Primeiro conato de incendio en Moaña. Á primeira hora desta mañá saltaron as alarmas en Domaio pola presenza de fume que alertaba dun incendio forestal que, afortunadamente, non foi a máis pola rápida intervención do operativo. Arderon ao redor de 2000 metros cuatdrados.

Ata o lugar desprazáronse dúas patrullas da Policía Local, dúas da Garda Civil de Moaña, Tráfico de Vilaboa, varias cuadrillas do Servizo Contra Incendios da Xunta de Galicia e varias tanquetas. Tivo lugar en torno ás oito da mañá.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *