A edil e a alcaldesa de Marín esta mañá presentando o programa de Nadal.

Marín convértese en municipio de referencia para as familias durante as datas do Nadal. Foino ata o de agora polo seu amplo programa de actividades, dirixido aos máis pequenos de cásaa pero tamén ao resto dos membros do fogar, e un ano máis continuará este ronsel. Será o 1 de decembro, xornada do aceso da iluminación do Nadal, cando comecen os eventos. O tren carrusel botará a andar a partir das 17:30 horas, ás 18:00 horas está prevista a tradicional chocolatada solidaria organizada polas ONG´s, a continuación pulsarase o botón que tinguirá de cor as noites marinenses e, de seguido, está exposta a actuación infantil de Isla lle Triska na Alameda.

A partir de aquí, e ata o cinco de xaneiro de 2024, os veciños e visitantes poderán gozar de música, xogos, teatro e actividades varias, entre as que destacan a partir do 22 de decembro, coincidindo coas vacacións escolares, a apertura das dúas carpas do Engado. Como é habitual, a primeira instalarase na Alameda para os máis pequenos e a outra, a partir dos 10 anos aproximadamente, ocupará o corazón do Parque Eguren. Ambas teñen acceso gratuíto e, no caso da infantil, continuarase coa norma establecida de que os nenos poidan quedar a cargo dos monitores mentres os seus pais aproveitan para outros quefaceres pola contorna. Así se evita o colapso que poida provocar a presenza de adultos.

Tamén está a vista posta no peche do ano e no día de Reis coa Cabalgata no seu percorrido habitual e o simulacro da toma de uvas do día de Fin de Ano ás 12:00 horas na Alameda.

Non faltan os concertos da Banda de Municipal de Música e da Escola Naval Militar, tampouco ou a papanoelada moteira o 17 de decembro ou a decoración especial para a parroquia de Seixo tras o éxito pasado. Pola contra, nesta ocasión, non se organizou o concurso de adornos de nadal en vivendas e establecementos, aínda que non se descarta retomalo nun futuro. En definitiva, explicou a alcaldesa, María Ramallo, “tratamos de ofrecer opcións para toda a veciñanza, independentemente da súa idade» como una forma de «dinamizar» el municipio y una oportunidad para «redescubrir» Marín.

PROGRAMACIÓN COMPLETA

1 de decembro, venres
17:30h. Inauguración do Nadal na Alameda co TREN DE NADAL: Do 1 ao 3, do 5 ao 10, do 15 ao 17 e do 22 de decembro ao 04 de xaneiro. Horario: 11.45-13.30 h. // 17.15 a 21 h
CARRUSEL DE NADAL, organiza Estrela de Marín. (Ata 14 de xaneiro)

Mostra de ARTESANÍA DE GALICIA. (11:30-14 e 17-21h. Ata 10 de decembro)

18:00h. CHOCOLATADA SOLIDARIA realizada polas ONGs. Alameda
18:30h. Acendido do ALUMEADO DE NADAL na Alameda con panxoliñas a cargo
de MAIS CANTOS, rematando co acendido do BELÉN na Praza 8 de marzo

2 de decembro, sábado

19:00h. Actuación infantil de ISLA LE TRISKA. Alameda

4 de decembro, luns

Comezo das Rutas do TREN DE NADAL nos centros escolares de Infantil e Primaria

6 de decembro, mércores

17:30-21h. LUDOXORNADAS. Xogos de mesa coa asociación Tempus Ludit. Multiusos

8 de decembro, venres

17:30-21h. LUDOXORNADAS e Torneo de CATÁN. Multiusos

9 de decembro, sábado

19:00h. Actuación infantil do MAGO NOEL. Alameda

10 de decembro, domingo

20:30h. Concerto de Nadal das Corais SOCIOCOMUNITARIA, THALASSA e LEMBRANZAS DE MARÍN. Igrexa Vella

12 de decembro, martes

18:00h. Inauguración FEIRA NADAL MARÍN na Alameda. (Ata o 5 de xaneiro)

15 de decembro, venres

18:30h. Festival de Nadal da Escola Municipal de Música. Biblioteca
20:00h. Concerto de Nadal da Banda de Música da ESCUELA NAVAL MILITAR DE MARÍN. Multiusos

16 de decembro, sábado

17:00-21:00h. MINI MERCADO DE NADAL coas ANPAs de Marín. Poderás crear a túa VIDEOPOSTAL DE NADAL. Carpa da Alameda
17:30h. CHOCOLATADA SOLIDARIA realizada polas ONGs. Alameda
18:00h. Bailes de Nadal das ZUMBIS. Alameda
18:30h. TEATRO VERBAS no Multiusos, organiza Asociación Kalos

17 de decembro, domingo

17:00h. PAPANOELADA MOTEIRA, percorrido saída da Praza de España, Vial de praias, Seixo, Castro, José del Río, Concepción Arenal, Ezequiel Massoni, Jaime Janer, Concepción Arenal, Carballiño,… finalizando na Alameda, organiza Moteiros Solidarios
18:30h. Concerto de Nadal da CORAL EVANXÉLICA DE MARÍN, organiza Asociación Kalos. Multiusos

18 de decembro, luns

10:00h. Videoconferencia escolar con Papa Noel. Aula CEMIT

21 de decembro, xoves

Exposición de contos e debuxos do Nadal no Ateneo Santa Cecilia. (De martes a venres de 17:30-20:30h e sábados de 11-13h. Ata 8 de xaneiro)

22 de decembro, venres

17:00h. Inauguración CARPA ENGADO MARÍN INFANTIL coa participación dos Bailes de Nadal dos ZUMBIS de Marín. Alameda. Ata o 07 de xaneiro. Horario: 11.30-13.30h // 17 a 21h
17:30h. CHOCOLATADA SOLIDARIA realizada polas ONGs. Alameda
18:00h. Inauguración CARPA ENGADO MARÍN XUVENIL. Parque Eguren. Ata o 07 de xaneiro. Horario: 12-14h // 18 a 22h.
19:00h. Entrega de premios do Concurso de Contos e Debuxos de Nadal. Ateneo Santa Cecilia

23 de decembro, sábado

11:00h. RANCHO DE REIS polas rúas de Marín, organiza Asociación Pousos da Area
11:00-13h. Simultáneas e partidas relámpago de XADREZ co Club Xadrez Marín. Carpa Eguren
17:00h. Actividade de dinamización comercial con animación infantil a cargo de Brais Das Hortas e chocolatada, organiza Asociación de Comerciantes C.C. Morrazo e Concello de Marín. CENTRO COMERCIAL MORRAZO
17:00h. IV Gala Benéfica “Haz Realidad su ilusión” de Botón de Ancla. Salón de Actos IES Illa de Tambo

24 de decembro, domingo
17:30h. PAPÁ NOEL percorrerá as rúas de Seixo e na Praza de Abastos de Seixo actividades infantís, organiza ACEMAS e Concello de Marín

18:00-19:30h. Recepción de PAPÁ NOEL. Palco da Alameda

27 de decembro, mércores

12:00h. Títeres e contacontos con TARABELOS, organiza ACEMAS. Casa de Cultura de Seixo

29 de decembro, venres

12:00h. Maxia e diversión co MAGO NOEL, organiza ACEMAS. Casa de Cultura de Seixo

31 de decembro, domingo

11:45h. FESTA FIN DE ANO INFANTIL. Recreación das uvas do Nadal. Alameda

4 de xaneiro, xoves

17:30h. CINE DE NADAL no Cine de SEIXO, entrada libre ata completar aforo (190
persoas), organiza ACEMAS e Concello de Marín

5 de xaneiro, venres

12:00h. Animación Infantil. Alameda
16:30h. Festival de Reis en ARDÁN. Casa de Cultura de Carballido-Ardán
18:00h. GRAN CABALGATA DE REIS co percorrido habitual. Ao rematar, BELÉN VIVINTE organizado Asociación Os da Caña e Concello de Marín. Igrexa Nova
20:00h. SORTEO entre as compras realizadas na FEIRA NADAL MARÍN. Alameda

Este programa poderá experimentar modificacións por causas meteorolóxicas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *