O Concello de Moaña xa ten o novo programa de Rechochíos para os próximos meses. O primeiro dos seis previstos terá lugar mañá venres no centro cultural de Domaio ás 18:00 horas. Será da man do contacontos Brais das Hortas coa obra «Contos para caghar patatillas». O venres 25, a actriz Iria Pinheiro levará aos máis pequenos o conto » Carabranca» no centro cultural de Berducedo e o 1 de abril, no de Quintela, «Cocer e cantar» de Viravolta Títeres.
Para o resto do mes de abril, os tres restantes. O día 8, ás 18:00 horas en Tirán Pedras de Papel, o 22 en Quintela O Xardín de Vila Gris´ de Manuel Pombal. Para concluír esta programación de dous meses
Moraima´o 29 de abril na parroquia de Meira.